Escoitar

Igualdade promove un "Club da Risa"

O Servizo Municipal de Igualdade abre o prazo de inscrición para que as mulleres que o desexen poidan formar parte do CLUB da RISA que dará comezo o 24 de setembro na Casa das Mulleres. O club da risa é un espazo público cuxa finalidade é a de promover a saúde física, mental emocional e social a través da risa, e a actitude de bo humor. Fomenta o desenvolvemento de fortalezas humanas como a risa, a creatividade, o optimismo, a empatía, etc, facendo especial fincapé en sentimentos positivos como o autoaprecio, a cooperación e a alegría de vivir.

venres, 7 set 2012
Destinatarias: Mulleres
Período e horarios: os luns de 20,00 a 21,30 h
Inicio: 24 de setembro
Requisitos: ser maior de idade, estar empadroada no Concello de Vigo. Prazas limitadas.

O prazo de inscrición comeza o venres 7 de setembro e permanecerá aberto ata completar o número de prazas. Concederanse as prazas segundo a orde de inscrición. As mulleres interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. Máis información: www.igualdadevigo.org"