EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA E DE BENS DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO ANO 2012<br />
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 158 de data 17 Agosto de 2012, estarán en exposición pública dende o 18 de agosto ao 1 de setembro (ámbolos dous incluídos):
1. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA E DE BENS DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO ANO 2012
Lugar : Na oficina do Imposto sobre Bens Inmobles de luns a venres, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sábado e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.
2. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO ANO 2012
Lugar : Na oficina do Imposto de Actividades Económicas de luns a venres, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sábado e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital
Os/as interesados/as poderán consultar ditos padróns e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pagamento ou ben directamente interpoñer recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 7/1985 da bases de réxime local.