Vigo aproba os "mellores" orzamentos para superar a crise porque "aúnan austeridade, reforzo da protección social e políticas de emprego"
Os votos de nacionalistas e socialistas deron luz verde aos orzamentos de Vigo para o ano 2012, un fito histórico, en verbas da concelleira de Facenda, Raquel Díaz, porque "por primeira vez un goberno municipal consegue aprobar cinco orzamentos en cinco anos consecutivos". Defendeu as contas como as "mellores" para superar a crise porque cumpren tres condicións esenciais: austeridade, reforzo da protección social e incremento das políticas activas de emprego.
Vigo xa ten orzamentos, así o permitiron na sesión plenaria desta mañá os votos de nacionalistas e socialistas que aprobaron definitivamente as contas municipais para este ano. Raquel Díaz defendeu unhas contas que son "austeras" porque reducen os gastos correntes, son "solidarias", porque o gasto social crece un 10,7% e son productivos porque nun ano de baixo crecemento económico é máis necesario investir en rúas, en parques, en espazos deportivos, en definitiva, en cidade". Durante a súa intervención, lembrou que os orzamentos 2012 nacen coa ambición de combater a crise e atender as necesidades dos cidadáns. "Supoñen unha mostra de rigor, austeridade e compromiso de cidade nun exercicio de responsabilidade".
Tal e como explicou Díaz, durante o período de exposición pública, presentáronse 6 alegacións, das que cinco foron desestimadas e unha quinta, relacionada cun caso derivado "dunha mala xestión urbanística de gobernos anteriores", foi atendida. Destacou que Vigo é a primeira cidade en aprobar unhas contas adaptadas ao Real Decreto de 30 de decembro que aprobou o Goberno Central.
O orzamento de gasto, degranou a responsable de Facenda, se sitúa en 220 millóns de euros, o que supón unha caída dun 2,81% respecto do 2011, que foi de 226.773 euros. En grandes partidas, os gastos de persoal diminuíron un 0,5%, de 67.366. 000 euros, baixan a 67.260.000 euros; o capítulo dous, de gastos correntes, bens e servizos diminúen nun 3,62% , "o que supón un esforzo moi importante", xa que pasamos de 107.700.000 euros a 103.835.000 euros; ademais, as transferencias correntes aumentan un 6%, sobre todo por políticas sociais.
No totante aos ingresos, mantense a conxelación real das principais taxas e impostos municipais. Inclúense bonificacións fiscais como a taxa cero das terrazas, a bonificación do 75% para os vehículos ecolóxicos, a redución do 3% no recibo do IBI para aquelas familias acollidas ao sistema especial de pagamentos, diminución real das taxas das escolas infantís. En resumen, dixo Díaz, "máis de 10.000 familias viguesas teñen bonificacións ou exencións de taxas municipais grazas á acción deste goberno". Respecto da débeda, aclarou, esta diminúe nun 14,19% respecto a 2011.
As humanizacións recibirán 14,1 millóns de euros e tamén se prevén investimentos en parques infantís e biosaludables. O documento recolle tamén a construcción de novas escolas infantís de Lavadores e Navia, así como melloras nas pistas de atletismo de Castrelos, -120.000 euros-, en mercados como o do Progreso, melloras na Etea e subvencións a asociacións veciñais e culturais.
Destacou de xeito importante as políticas de benestar, que pasan de 9,7 a 10,7 millones, o que supón unha subida de 10,7%. Becas libros y comedor, 850.000 euros; axudas as familias, 445.000 euros; Convenio Vida Digna, 45.000 euros; Programa de melloras no fogar, 60.000 euros; Banco de alimentos,43.000 euros; Convenio Misioneros, 57.000 euros; Convenio Afán, 55.000 euros; Plan Municipal de Igualdad de Oportunidade,190.000 euros; Actividades grupos desfavorecidos, 140.000 euros; Plan Local de Drogas, 60.000 euros; Programa Minorías Étnicas, 120.000 euros; Convenio Infancia, 526.800 euros e Xantar na casa, 80.000 euros.
Respecto das políticas de emprego, subliñou a inclusión de 5,7 millóns para xeración de emprego directo. Esta partida crece un 117% respecto ao ano pasado, nun orzamento que baixa preto dun 3%, matizou. Inclúe 3 millóns en convenios para plans de emprego municipais; 100.000 euros para programas de axuda á inserción laboral; 1,5 milllóns para programas como o Util, 150.000 euros para o convenio de Citroën e 155.000 para a construcción da escola infantil Mestres Goldar.
As achegas á cultura crecen por riba dos 100.000 euros e, ademais, inclúense os convenios de Favec e de Centro Cívico de Teis. Tamén figura a primera anualidad para a mellora no mercado de O Berbés, con 100.000 euros, cun compromiso de 2,1 millones en 2013; Túnel Xulián Estévez, cunha primera anualidad de 81.200 euros e una segunda en 2013 de 818.800 euros; e, por último, primeira anualidad para Centro Social en A Miñoca: 80.000 euros e compromiso en 2013 de 920.000 euros.
Descargar todas as imaxes