As exencións da taxa do lixo aumentan en Vigo ata as 2.620 vivendas
A Xunta de Goberno local aprobou o padrón fiscal da taxa do lixo para 2012 con un total de 141.060 viviendas e 21.583 locais. O número de exencións nesta taxa subiu no 2012 de 2.407 en 2011 a 2.620 vivendas.
141.060 vivendas e 21.583 locais forman parte do padrón fiscal da taxa da recollida do lixo doméstico e industrial do exercicio 2012 que se aprobou hoxe venres na Xunta Local de Goberno. No caso das vivendas, rexístrase un incremento do 0,74 respecto a 2011, cando a cifra se situaba en 140.022 e que, a súa vez, supuxo unha suba do 1,55% respecto ao ano anterior, con 137.872.
Respecto dos importes, no ano 2012 sitúase en 12 millóns de euros, cun incremento dun 4,45% respecto a 2011 vinculado ás altas no barrio de Navia, segundo explicou o rexedor. O ano pasado, os ingresos situáronse en 10.639.680,98 euros, cunha suba de 3,17% respecto ao 2010, cun dato de 10.312.009 euros. As exencións supoñen no actual exercicio 2.620, un 1,86% do total, unha cifra superior á do ano anterior, con 2.407 vivendas exentas de pago.
Respecto do lixo industrial, o padrón fiscal de exaccións unificadas industrias de 2012 constan 21.853 locais, o que supón un importe de 6.944.311,44 euros, un 6,18% máis que o ano anterior. Por conceptos, a recollida de lixo supuxo uns ingresos de 5.442.330, 82 euros; a entrada de vehículos, 1.464.449,87 euros e a reserva de aparcamento, 37.530,75 euros. Este incremento responde a unha mellora xestión nos sistemas tributarios, tal e como explicou Caballero na súa presentación.
Descargar todas as imaxes