Escoitar

Pleno da Corporación,sesión extraordinaria

venres, 1 xuñ 2012
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 8

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 4 de xuño de 2012, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1º.- Aprobación inicial da Modificación Puntual Nº 4 do PXOM, relativa ao fondo edificable nas Ordenanzas 3 e 4, versión V.1. Expte. 13145/411. (Rex. 475/1101).

2º.- Estudio de Detalle para fixación de aliñación no camiño de Figueirós nº 9. Expte. 12694/411. (Rex. 470/1101).

3º.- Nomeamento do alcalde, D. Abel R. Caballero Álvarez, como representante do Concello de Vigo na Fundación Penzol.

4º.- Resolución de alegacións e aprobación definitiva do orzamento municipal do Concello e dos seus organismos autónomos. para o exercicio 2012. (Rex. 447/1101)

DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, e tendo en conta a necesidade da urxente resolución de alegacións e aprobación definitiva dos presupostos do Concello e dos seus organismos autónomos, convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día CATRO DE XUÑO DO DOUS MIL DOCE, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.


Vigo, 30 de maio de 2012

O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez
O SECRETARIO XERAL DO PLENO, José Riesgo Boluda