Escoitar

O goberno local adica 134.000 euros a convenios coa Federación de Veciños e con Érguete

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras a sesión da Xunta de Goberno Local, informou da proposta de aprobación de sendos convenios con Érguete, que ascende a 45.000 euros para a inserción social dos drogodependentes, e coa Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, ata os 89.000 euros en dous acordos diferentes.

venres, 1 xuñ 2012
Abel Caballero salientou que a proposta de convenio aprobada con Érguete mantén a partida pese á crise económica e irá adicado a pisos de apoio á reinserción de drogodependentes.

No relativo á FAVEC, o goberno de Vigo aprobou dúas propostas de convenio coa Federación, un de 17.100 euros para un plan MoveVigo e outro para as actividades socioculturais de 2012 da entidade, por 72.000 euros.