Escoitar

Achegándonos á montaña será o próximo tema de ”¿Xogas?, en galego podemos”

martes, 11 xuñ 2002
O Servicio de Normalización Lingüística e mais o Club Montañeiros Celtas realizarán diversas actividades para lles achegar aos nenos e nenas a montaña o vindeiro sábado, dende as 11.00 h ata as 13.00 h no parque de Castrelos. Esta iniciativa enmárcase no programa ”¿Xogas? en galego podemos”.

Xogos de orientación, aprender a montar as tendas de campaña, obradoiro de nós, explicacións sobre o material utilizado e vestiario empregado nas saídas á montaña serán algunhas das actividades previstas para esta xornada de dinamización lingüística.

Os interesados en participar deberán agruparse ás portas do pazo Quiñones de León entre as 10.45 e 10.55 do sábado 15 de xuño.