Escoitar

Luis Espada tomará posesión do cargo de valedor do cidadán

martes, 11 xuñ 2002
imx1538.jpg
Espada Recarey
O valedor do cidadán, Luis Espada Recarey, tomará posesión desde cargo no transcurso dun Pleno da Corporación municipal que se celebrará o mércores 12 de xuño ás 13:00 horas. Espada será o comisionado do Pleno para a defensa dos dereitos e intereses dos veciños de Vigo e poderá supervisar a actuación da Administración municipal e dos organismos e entidades dependentes dela.

O acto consistirá na apertura da sesión plenaria polo alcalde, a lectura da acta polo secretario xeral, a toma de xuramento e discurso do valedor e benvida do alcalde en nome da Corporación municipal. Ó remate do acto haberá unha recepción na galería da Alcaldía.

Estarán convidados ó acto as autoridades locais e provinciais, cargos vigueses, medios de comunicación e invitados do valedor do cidadán.

Luis Espada Recarey

Titulacións

-Doutor en Ciencias Químicas (Universidade de Santiago de Compostela)
-Doutor en Química Aplicada (U. de Manchester)
-Diplomado en Inglés (Universidade de Cambridge)
-Catedrático de Enxeñería Química (Universidade de Vigo)

Actuacións académicas

-Bolseiro do Consello Superior de Investigacións Científicas (1 ano), Padroado de Igualdade de Oportunidades (3 anos), British Council (2 anos), Forzas aéreas dos Estados Unidos (2 anos)
-Posdoutoral Research-Fellow (Universidade de Manchester)
-Ex-director do Departamento de Química, subdirector e secretario da Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial
-Delegado do rector da Universidade de Santiago de Compostela (campus Vigo-Pontevedra)
-Primeiro rector da Universidade de Vigo
-Presidente do Tribunal de Garantías (Universidade de Vigo)

Actividades investigadoras

-Publicou máis de cen traballos de investigación en revistas internacionais
-Participou coa presentación de relatorios en 50 congresos internacionais en Europa, América e Asia
-Dirixiu un equipo redactor da primeira Lei da Protección sobre a Contaminación Acústica en España e do regulamento e ordenanza-tipo sobre este contaminante en Galicia
-Dirixiu 31 proxectos de investigación, como investigador principal, sobre temas medioambientais
-Dirixiu 32 proxectos de fin de carreira (Enxeñería Industrial e Minas)
-Dirixiu 19 teses de doutoramento (2 como codirector)

Outros méritos

-Gañador de premios de investigación (provinciais, comunitarios e nacionais)
-Medalla da Cidade de Vigo
-Vigués distinguido polo Concello de Vigo
-Vicepresidente da Asociación Iberoamericana de Corrosión e Protección
-Coordinador e presidente da Comisión Permanente de Defensores Universitarios

Descargar todas as imaxes