Participación Cidadá entra na rede “A Cidade e a Sociedade da Información”
A Concellería de Participación Cidadá vén apostando dun xeito importante pola implantación das novas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC’s) no ámbito asociativo e cidadán, xa que o uso destas tecnoloxías é un elemento a ter en conta que permite no tempo e no espacio algunhas das limitacións existes nos procesos de participación cidadá.
O uso das TIC’s permite a potenciación por unha parte do movemento asociativo e por outra banda do acceso á información e á participación da cidadanía en xeral. Este fortalecemento permite unha mellora da democracia participativa, complementado accións da Concellería como foi a creación no mes de maio do “Consello de Participación Cidadá”.
Esta inquietude induciu a participar conxuntamente con 60 cidades de España e 35 de América Latina, baixo a coordinación da cidade de Barcelona, na creación dunha rede que desenvolva o proxecto “A Cidade e a Sociedade da Información”, creada no marco da segunda fase do programa do programa Urb-al (Europa-América Latina) II, de EuropeAid da Comisión Europea.
O obxectivo da rede é promover a implantación no ámbito municipal os usos das TIC’s para o desenvolvemento económico, político e social. Pretende ser unha ferramenta para asesorar e buscar axudas para este tipo de proxectos cunha metodoloxía baseada na organización de seminarios como forma de reflexión e debate, elaborar documentos de información e apoio e proporcionar información periódica das experiencias que se leven a cabo no entorno da rede e que teñan como obxectivos impulsar proxectos que xeren implantación das TIC’s con todas as súas consecuencias no ámbito económico, social e político.
Pódense resumir polo seu ámbito en:
Ámbito económico
Fomentar a economía das TICs.
Incorporar o uso das TICs no mundo productivo actual.
Fomentar a ocupación.
Fomentar a creación de empresas.
Ámbito social
Fomentar a implantación das TICs na vida cidadá e social.
Fomento do uso de TICs na comunicación.
Ámbito socioeconómico
Creación de redes virtuais de comunicacións locais.
Impulsar a formación no uso por parte da cidadanía das TICs para mellorar a súa calidade de vida.
Ámbito político
Democratización da vida cidadá a través das TICs.
Democracia
Construír a cidade:
- a través da información
- coa participación dos cidadáns na gobernabilidade da cidade
- modernizando a administración coas novas tecnoloxías.
Descargar todas as imaxes