Escoitar

Dotación de servicios de seguridade e ocio para as praias viguesas

luns, 10 xuñ 2002
O Concello porá en marcha dispositivos de ocio e seguridade que van funcionar durante a tempada de verán nas praias de Vigo. A Comisión de Goberno adxudicou o contrato para realizar servicios de socorrismo de carácter profesional acordes coa categoría das zonas de baño. O Vao, Samil, Tombo do Gato, A Punta, A Guía e Rodas serán as praias que dispoñan desta dotación de seguridade debido a que son as de maior uso por parte de vigueses e visitantes. A contía desta prestación, que se porá en marcha de inmediato, será de 65.000 euros (10 millóns de pesetas).

Ademais, instalarase o balizamento nas praias do Vao e Samil por 67.000 euros (12 millóns de pesetas) co que se dotará as praias dun completo sistema de seguridade acorde coa súa calidade, avalada pola concesión das bandeiras azuis.

A Concellería de Deportes desenvolverá un programa de actividades para a tempada estival que principiará coa instalación dun parque temático en Samil que acollerá a Vigo Cup. Celebraranse tamén torneos de balonmán e voley-praia nas praias do Vao e Samil.