Medio Ambiente prepara un programa educativo para pasar ”Un día no zoo”
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, e a responsable do departamento de Educación Ambiental de Vigozoo, Carolina González, presentaron o programa ”Un día no zoo” destinado a nenos de 8 a 12 anos.
Grupos de 15 cativos poderán pasar unha xornada completa en Vigozoo acompañados por monitores e participar no amplo programa de actividades de obradoiros, visita ó planetario e taller interactivo ”Toca-toca”. O programa inclúe almorzo, xantar e merenda: unha camiseta, unha gorra e unha carpeta co itinerario e material divulgativo de agasallo e a entrada á proxección dun audiovisual no auditorio. Os discapacitados físicos tamén poderán participar nesta experiencia, xa que se eliminaron as barreiras arquitectónicas das instalacións.
Caixanova está estudiando a posibilidade de que as entradas para este programa poidan expedirse nas oficinas desta entidade financeira. O prezo do programa é de 25 euros.
Os obxectivos deste programa son divulgar o funcionamento dun zoolóxico moderno, fomentar hábitos de coidado e respecto cara os animais e promover xeitos diferentes de divertimento e aprendizaxe. A interpretación da natureza será outra das facetas que lles ensinarán ós rapaces mediante o coñecemento da flora que rodea o parque, diferenciando entre especies autóctonas e foráneas, e conceptos referentes á ría de Vigo e á súa morfoloxía. Ademais, intentarase relacionar a fauna presente en Galicia coa existente no parque zoolóxico.
Para desenvolver de forma óptima este programa, deseñouse unha imaxe corporativa para a sinalización, descrición de itinerarios, entradas e campaña publicitaria da iniciativa.
Descargar todas as imaxes