Sae á luz un novo número da publicación ”Buguina” sobre actuacións realizadas no Barrio Histórico
O último boletín do programa Urban do Concello de Vigo ”Buguina” contén información sobre a rehabilitación de edificios e actuacións realizadas en espacios públicos do Barrio Histórico durante o outono-inverno de 2001. A rehabilitación dun edificio para gardería na rúa Santa Marta, a antiga da antiga Casa Rectoral, notas sobre arqueloxía urbana e un proxecto de vivendas sociais para xente nova son algunhas das reportaxes que recolle o número 8 desta publicación da Concellería de Patrimonio Histórico.
O editorial de ”Buguina” expón datos relativos á mellora do medio ambiente urbano como a renovación de 24.000 m2 de pavimentos, a rehabilitación de 6.500 m2 de fachadas ou a instalación de 20.000 metros de conduccións subterráneas de abastecemento, saneamento, cables eléctricos, telefónicos, de alumeado público e conduccións alternativas.
Complétase a serie de informacións sobre equipamentos no programa Urban para a recuperación do tecido social do barrio, iniciada en números anteriores, coa rehabilitación do edificio que alberga unha gardería e xardín de infancia na rúa Santa Marta e o destinado a Centro de Servicios Comunitarios que acolle a antiga Casa Rectoral.
Contén tamén unha detallada información sobre as obras realizadas para o acondicionamento da praza da Princesa e do seu contorno e unha síntese das actuacións de rehabilitación do espacio público do Barrio Histórico. Outra reportaxe describe e ilustra o proceso das obras de rehabilitación das rúas da Anguía, Ferrería, Baixada á Herba, Cesteiros e praza da Esperanza, entre outras.
O arqueólogo Ángel Acuña asina unha segunda entrega de ”Notas de Arqueoloxía Urbana” que recolle o seguimento e control das obras de rehabilitación realizadas durante os tres últimos anos no Barrio Histórico vigués.
Un resumo das actuacións do programa de emprego e formación do Urban e o Fondo Social Europeo, a xestión municipal e as demandas cidadás para as axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios e un proxecto de vivendas sociais para xente nova completan os contidos desta publicación.