Máis de 80.000 persoas utilizan xa a tarxeta verde do transporte
O número de usuarios da tarxeta verde de transporte urbano segue a medrar mes a mes. Nestes momentos son xa máis de 80.000 unidades as que están en circulación. Só o 33% dos usuarios do transporte urbano paga o billete ordinario. A gran maioría utiliza a tarxeta, coa que dispón dos diferentes descontos que aplica o Concello. Cómpre lembrar tamén que a tarxeta verde é utilizada ademais como billete de transferencia, de xeito que permite realizar transbordos de autobús pagando só a primeira viaxe.
Por outra parte, o proceso de implantación das novas liñas circulares evoluciona satisfactoriamente. Pouco a pouco medra o coñecemento da poboación sobre os percorridos que realizan estes autobuses e increméntase o número de usuarios. Na actualidade, cada día laborable utiliza o C3 unha media de 12.200 persoas, un 4% máis ca no mes de marzo, cando comezou a funcionar. A media de persoas que usa o C5 a diario é de 5.750, un 2% máis ca no primeiro mes de funcionamento.