O Salón do Libro ofreceralles aos visitantes un contacto directo coa producción editorial galega
A concelleira de Normalización Lingüística, Carmen Corbalán, presentou o IV Salón do Libro Galego de Vigo que se celebrará do 5 ao 9 de xuño na alameda de Compostela. ”Este salón busca un contacto directo cos cidadáns, que poderán coñecer de preto a producción editorial galega”, explicou Corbalán.
Este salón percorrerá as principais cidades galegas co obxectivo de amosar os fondos bibliográficos galegos que existen na actualidade, dentro dun programa que inclúe conferencias, encontros con escritores, coloquios, concursos infantís e unha homenaxe a Carlos Casares, entre outros.
O vicepresidente da Asociación Galega de Editores, Xosé Manuel Fernández, destacou o carácter cultural do evento concibido como un espacio de convivencia arredor do libro. ”Tratamos de involucrar o maior número de axentes sociais, comerciais e institucionais neste salón”, explicou.
O secretario da Asociación Galega de Editores, Antón Mascato, sinalou que a sede deste colectivo está en Vigo debido a que as artes gráficas, distribuidoras de libros, empresas de encadernación e outras relacionadas coa producción bibliográfica se encontran nesta cidade. O salón ocupará 300 m2 da alameda de Compostela e pretende xenerar arredor do libro un ambiente cultural, afirmou Mascato.
A directora do salón, Cruz López, destacou entre os actos programados a lectura pública ininterrompida da obra de Carlos Casares ”A vida do Padre Sarmiento” na que poderán participar tódolos interesados.
Programa
Mércores 05.06.02
10.00 HORAS
Apertura do IV Salón do Libro Galego.
Na Carpa da Praza de Compostela (Alameda)
13.00 HORAS
Acto oficial de inauguración do IV Salón do Libro Galego.
Cóctel.

18.30 HORAS
Encontro cos xornalistas dos seguintes escritores: Manuel Forcadela, Marta Dacosta, Manuel Vidal Villaverde, Xosé Carlos Gómez Alfaro e Xosé Freire.

19.00 HORAS
Os poetas Manuel Forcadela (Refutación da musa, Ed. Espiral Maior) Marta Dacosta (Setembro, Ed. Galaxia), Manuel Vidal Villaverde (Poemas pra cando tí e máis eu sexamos vellos, Ed. Espiral Maior), Xosé Carlos Gómez Alfaro (A/én do Lume, Ed. Espiral Maior) e Xosé Freire (Canto de min mesmo, de Walt Wittmann, de Ed. Positivas) recitan poemas dos seus libros e asinan as súas obras.

21.00 HORAS
Realización en directo do programa Diario Cultural da Radio Galega: Daniel Loncán e Ana Romaní.
Convidados: Xosé Ramón Pena, Henrique Costas, Carlos Méixome e Alberto Fortes.

Xoves 06.06.02
11.00 HORAS
Visita escolar
Contos contados:
Pepe Carreiro realizando debuxos ao vivo (Os Bolechas, Ed. A Nosa Terra).

Encontro cos xornalistas do escritor Alfredo Conde, que presenta a súa novela Memoria do Soldado (Ed. Sotelo Blanco).

19.30 HORAS
Coloquio sobre Harry Potter.
Concurso de debuxo sobre Harry Potter (Ed. Galaxia).

Venres 07.06.02
11.00 HORAS
Visita escolar.
Contos Contados:
O debuxante Cesáreo Varela, realiza ilustracións ao vivo (Iria e o cabalo Buligán, Ed. do Cumio).

Concerto-presentación dos libros Solo de gaita (Ed. do Cumio) e Crónica do folk Galego (Ed. TrisTram).
Actuación do Grupo Ardentía.

Homenaxe a Carlos Casares e ao Padre Sarmiento. Lectura pública continuada da obra A vida do Padre Sarmiento, de Carlos Casares(Ed. Galaxia).

Sábado 08.06.02
12.30 HORAS
Sesión infantil.
Contos contados por Marta García. (Pedro Guedellas. Ed. Linteo).

Contos contados con actuación musical: Luciano Fernández. (Max e Moritz, Ed. Linteo).

Encontro cos xornalistas dos autores Conchi Regueiro, Francisco Castro, Paco Feixó, Marga do Val, Alfonso Álvarez Cáccamo e María Xosé Porteiro.

Os autores Conchi Regueiro (Tempos agradables, III Premio Mulleres Progresistas. Ed. do Cumio), Francisco Castro (Xeografías, Ed. Positivas), Paco Feixó. (As carnes, Ed. do Cumio), Marga do Val (Carolina Otero, Ed. A Nosa Terra) Alfonso Álvarez Cáccamo (Xente de mala morte, Ed. Galaxia) e María Xosé Porteiro (Covardes, Ed. Ir Indo.) len fragmentos dos seus libros e asinan as súas obras.

Domingo 09.06.02
13.00 HORAS
Sesión infantil.
Contos contados por Benxamín Míguez: A máxica historia do Ratiño Pérez. (Ed. Rodeira).

22.00 HORAS
Clausura do IV Salón do Libro Galego

ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES
Descargar todas as imaxes