O Concello principia os trámites para a modificación puntual do Pxou en Balaídos
O Consello Municipal da Xerencia de Urbanismo debaterá o xoves unha proposta de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito de Balaídos necesaria para afrontar o proxecto de construcción dun novo estadio e a remodelación de todo o contorno. Se o Consello así o decide, a proposta será remitida á Consellería de Política Territorial para que realice o preceptivo informe.
A proposta de modificación do Pxou en Balaídos foi elaborada polo RC Celta SAD e supervisada por técnicos da Xerencia de Urbanismo. O Concello comprometérase a realizar este trámite urbanístico no protocolo asinado polo Alcalde, Lois Castrillo, co presidente do clube deportivo, Horacio Gómez. Nese convenio sinalábase que o Concello realizaría as “adaptacións pertinentes no planeamento urbanístico vixente coa finalidade de autorizar nos terreos de propiedade municipal os usos deportivos, hoteleiros, comerciais e terciarios, así como a edificabilidade necesaria que faga viable a construcción dun complexo deportivo, comercial e de ocio ao amparo da repercusión que ten a actividade deportiva do Real Club Celta”.
Unha vez aprobada a modificación puntual do Plan Xeral, o Concello comprométese a elaborar un expediente de concesión administrativa sobre os terreos de referencia, coa obriga para o concesionario de construir un novo campo de futbol, que se compensaría coa explotación, durante o prazo da concesión, do complexo deportivo, comercial e de ocio.