Traballadores do Promil realizan as obras para a iluminación da estrada de subida ao Cuvi
A estrada de subida ó CUVI conta xa coa instalación da iluminación vial, despois do traballo realizado pola Concellería de Electromecánicos cos traballadores do Programa municipal de integración laboral (PROMIL). Este alumeado porase en funcionamento cando rematen os traballos de reposición do cableado e as novas luminarias na zona de influencia como Corredoura, Canicouva, Ribadavia e o Grupo Sindical.
Estes traballos na estrada de subida ó CUVI acadaron a correcta iluminación dunha lonxitude de máis de 500 metros con canalización subterránea e a instalación de 22 puntos de luz, paliándose o grave problema que tiña o tráfico da zona de falta de luz. Esta obra enmárcase no plan de actuacións que o PROMIL leva a cabo en colaboración co Servicio de Electromecánicos e baixo a súa supervisión.
Hai que destacar no balance de obras de electricidade realizadas polo PROMIL o pasado ano 2001, a cifra de 35.000 metros de tendido eléctrico que foi instalado e reposto en Vigo polas brigadas deste programa de emprego. Entre outras, fixeron a canalización eléctrica subterránea na avenida de Madrid, a instalación da iluminación no parque Sergio Cid Saborido (Camelias) e o tendido das liñas eléctricas en Teis-Paraixal.
O PROMIL, posto en marcha pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, é unha das actuacións máis importantes do Plan Municipal de Emprego, tanto pola súa filosofía como por ser pioneira na Comunidade Autónoma Galega. Esta actuación de fomento do emprego supón a contratación de desempregados de longa duración durante doce meses para realizar obras de mellora no entorno urbano e rural do municipio de Vigo. Os beneficiarios deste programa selecciónanse de acordo co criterio de necesidade social, determinado este pola renda familiar.
Actuación de Servicios Electromecánicos
A Concellería de Electromecánicos modificou a instalación eléctrica no vial de acceso ao Cuvi mediante un novo alumeado público en Castrelos-Canicouva e no tramo Canicouva-Pousa. Deste xeito, subsanáronse as deficiencias antirregulamentarias existentes tanto nas liñas de alimentación como no cadro de mando e protección á vez que se optimizou o uso da enerxía utilizada para a iluminación dos viais cun nivel de iluminación adecuado ao tipo de vial. O presuposto desta actuación foi de 20.150.825 pesetas.
O vial de acceso ao Cuvi nace na redonda de Castrelos, percorre o interior dese barrio e enlaza nas rúas Corredoira e Ribadavia a través de redondas con Canicouva e Pousa. Ante a deficiente iluminación que presentaba este vial, xurde a necesidade de equilibrar e integrar as instalacións adxacentes nun só cadro de mando e protección en Ribadavia-Corredoura-Canicouva e adxacentes a Pousa.
Os cadros de mando e protección atopábanse moi superados en capacidade debido ás ampliacións sucesivas, co que a aparamenta que conteñen, ademais de ser insuficiente, encontrábase instalada de maneira antirregulamentaria. Existía tamén un forte desequilibrio no consumo nas diferentes fases sendo superior, en moitos casos, á intensidade que percorre polo neutro á de dúas fases activas.
Os equipos instalados conseguen unha reducción independente por fase do fluxo luminoso simultaneamente en tódolos puntos de luz de ata o 50% mantendo as uniformidades de iluminación e proporcionando un aforro enerxético superior ao 40%. Esta reducción do fluxo efectuarase, cunha rampa suave de variación de tensión, como máximo de 5 voltios por minuto a fin de non alterar a inercia das lámpadas.