Caixanova colabora coa Concellería de Festas, aportando 120.202 euros
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a entidade crediticia colaborará no financiamento das festas da cidade cunha contribución económica de 120.202 euros.
No transcurso do acto de sinatura, a concelleira agradeceu o apoio de Caixanova, entidade que será a que aporte ó Concello a colaboración máis alta de tódalas que recibe. Isaura Abelairas indicou que unicamente o apoio de institucións e empresas fai posible que o Concello de Vigo poida materializar un ambicioso programa de festas para este ano, xa que o seu presuposto rolda os 1,20 millóns de euros, cifra que sería imposible de asumir en solitario pola concellería de Festas.
A edil salientou o alto nivel que alcanzará este ano a programación das Festas do Cristo, que se abrirá xa este mes de xuño cos concertos de Zucchero e Jamiroquai, e que tamén contará coa actuación de Oasis, entre outros. Na súa opinión, esta é a programación que a cidadanía viña demandando, e superará con creces a calidade obtida ata o de agora, ademais de dar resposta ós gustos de tódolos públicos.
Pola súa banda, o director xeral de Caixanova calificou de ”notable” a xestión realizada pola concelleira de Festas, indicando que a programación mellorou “espectacularmente”, e amosou a boa disposición da entidade crediticia por continuar na liña de colaboración.