Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá sábado o espectáculo de danza e música "Habelas", a cargo da compañía Traspediante

A programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura e Animación Sociocultural tamén inclúe o programa "Vigo en Danza", que mañá, 21 de maio, ofrece a posibilidade de gozar co espectáculo "Habelas", da compañía Traspediante, ás 21 horas no Auditorio Municipal. Por outra banda, a Concellería de Cultura informa de que a actuación da Asociación Agarimo, incluída no programa "Vigo a Escena", prevista inicialmente para mañá, 21 de maio en San Miguel de Oia, trasládase ao 15 de outubro no mesmo emprazamento.

venres, 20 mai 2011
"Habelas" é un espectáculo multidisciplinar, dirixido por Begoña Cuquejo. Coa interpretación de Begoña Cuquejo, Marta Alonso e Maura Sanin, danse a man a danza contemporánea e música ao vivo. As entradas teñen un prezo de 5 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación A programación completa da Concellería de Cultura pódese consultar na web www.vigocultura.org.