Abada Teatro, dirixida por Carlos Blanco, presenta mañá venres no Auditorio Municipal o espectáculo "Ordem e progresso"
A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural continúa mañá, 20 de maio, no Auditorio Municipal cunha novo espectáculo de "Con T de teatro". Ás 21 horas, a compañía Abada Teatro, dirixida por Carlos Blanco, levará á escena a súa última produción, "Ordem e progresso". As entradas teñen un prezo de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
A nova proposta de Carlos Blanco, tras os éxitos de "Humor neghro" e "Só", chega a Vigo cun formato máis colorista, máis ousada, máis de pel. A frase "Ordem e Progresso" aparece na bandeira do Brasil, o cal podería interpretarse como algo absurdo nun país aparentemente feliz e caótico. Acompañado de Sergio Tannus Trío, esta obra ten a cadencia do pandeiro e do cavaquinho, o fútbol, o sexo e as risas.