Escoitar
Xerencia de Urbanismo

Proxecto de estatutos e base de actuación da Xunta de compensacón do ámbito de planeamento "APR A-4-05" Hispanidade

<br />

venres, 20 mai 2011
A Xunta de Goberno Local en sesión do 12 de abril de 2011 adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación da Xunta de Compensación do ámbito de planeamento remitido con ordenación detallada APR A-4-05 HISPANIDADE do PXOM de Vigo, de acordo coa documentación presentada polos representantes legais das mercantís "Viqueira Inmuebles, S.A." e "Intermobiliaria, S.A." e cos informes técnicos que constan no Exp. nº 5003/401 da Oficina de Planeamento – Xestión da XMU.
SEGUNDO: Dispoñer a apertura dun trámite de información pública polo prazo de 20 dias hábiles, mediante a publicación de anuncios no BOP de Pontevedra e nun xornal dos de maior difusión da provincia, con notificación simultánea e individualizada do contido íntegro deste acordo ós propietarios e titulares de dereitos de contido patrimonial no ámbito, para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas e, de ser o caso, soliciten a súa incorporación ó proceso.
TERCEIRO: Por tratarse dun simple acto de trámite, este acordo non é susceptible de recurso autónomo ou separado en vía administrativa ou contenciosa (Art. 107.1 pfo. 2 L.30/1992), sen prexuízo de que os interesados poidan alegar a súa oposición para os efectos da posterior consideración na resolución que poña fin a este procedemento.
CUARTO: Dar traslado deste acordo á xefatura dos servizos técnicos da Xerencia de Urbanismo, para que se emita o informe que proceda en relación coa incidencia da execución da "APR A-4-05 HISPANIDADE" nas infraestruturas».

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo VINTE DIAS HABILES, mediante publicación no BOP, e nun dous xornais de maior circulación da provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contado dende o derradeiro anuncio.
A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.