Escoitar
O alcalde reuniuse na tarde de onte con representantes de centros concertados de Vigo

O Concello ampliará novamente as bolsas de inglés para alumnos da ESO tras coñecer os listados definitivos da convocatoria

Os directores reciben con satisfacción a noticia de que xa está asinado o decreto de modificación orzamentaria para incluír as 150 novas bolsas, as que se destinará unha partida de 375.000 euros.<br /> As becas de inglés do programa "Pilivigo 2011" xa se ampliaran en 40 prazas para dar resposta a unha demanda que se desbordou, tras suprimir a Xunta os programas de Inmersión no estranxeiro para alumnos da ESO. A primeira ampliación de bolsas fíxose en función das previsións de 2010, ano no se que deu cobertura ao 50% da demanda dos colexios concertados.

venres, 20 mai 2011
1305893637concertados.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse na tarde de onte xoves con representantes dos directores dos colexios privado concertados da cidade para transmitirlles a inminente ampliación de 150 prazas de bolsas de inglés.

O programa, dirixido a estudantes de 3ª da ESO e enmarcado no programa de inmersión lingüística Pilivigo 2011, conta xa cunha partida económica trala aprobación do decreto de modificación orzamentaria que permitirá ampliar as becas. Os directores recibiron con satisfacción a noticia das novas becas que se anuncian tras coñecer que a oferta non deu resposta a unha demanda ascendente e que se suman a unha primeira ampliación de 40 prazas. En total serán 440 rapaces os que poderán adherirse a este ambicioso programa de inmersión lingüística no estranxeiro.

Cabe lembrar que na presente edición das bolsas de inglés incluíuse unha modificación orzamentaria para ampliar estas 40 prazas precisamente para poder dar cobertura aos alumnos dos centros concertados. A medida pon de releve que en todo momento houbo unha vontade política decidida por dar maior cobertura.

O feito de que a Xunta de Galicia- administración que ten as competencias transferidas nesta materia- suprimira o seu programa de inmersión lingüística no estranxeiro para os estudantes da ESO, orixinou un incremento imprevisto de solicitudes, tanto de centros públicos coma de colexios concertados.

Así, desde a Alcaldía de Vigo enténdese que é un dereito dos alumnos ter opción a estas becas pero tamén cabe destacar que este plan de becas de inmersión lingüística responde á unha aposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a necesidade de paliar o déficit de oferta da administración competente.

Na edición do pasado ano obtiveron bolsa de inglés 190 nenos de ensinanza pública e 60 da concertada, atendendo así ao 50% da demanda da ensino concertado. As previsións para a presente edición fixéronse, precisamente, en base a esta realidade. Ademais entre os datos destacan que se partía de 0 bolsas de inglés no 2007 ata chegar as case que 1.000 no presente ano, cun investimento que supera os 2 millóns de euros.

Desde o goberno local de Vigo apostouse polos idiomas co obxectivo de mellorar competencia e capacitación dos nenos en linguas estranxeiras impulsando un programa de bolsas de inglés que hoxe é xa un referente. En calquera caso o feito de recorrer as bolsas de inglés suporá que, ningún dos rapaces -nin de ensino público nin concertado- poderán estudar inglés no estranxeiro este ano.
Descargar todas as imaxes