Escoitar

O alcalde anuncia unha rebaixa do 70% nas taxas das terrazas para "cooperar" co emprego do sector hosteleiro ante a crise

Abel Caballero confirmou hoxe venres ao responsable da Federación Provincial de Hostelería, José Magaz, que o Concello levará a Pleno a rebaixa dun 70% das taxas municipais para a instalación de terrazas nas rúas, unha medida coa que "intentamos cooperar no lanzamento deste sector económico" e do seu emprego, ao que a crise económica está a afectar de xeito "moi significativo". "Merece a pena este esforzo", asegurou o alcalde vigués.

venres, 14 xan 2011
1295011663terrazas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres unha rebaixa do 70% nas taxas municipais para a instalación de terrazas na vía pública viguesa, un "esforzo" para "cooperar" co sector hosteleiro ante a crise económica.

Ao remate dun encontro co responsable do sector na provincia, José Magaz, o rexedor vigués explicou que "merece a pena este esforzo" para axudar á recuperación do emprego nesta actividade económica, na que "a crise estase a notar de forma moi significativa".

Esta iniciativa será levada ao Pleno da Corporación para a súa aprobación, segundo apuntou Caballero, porque "a crise é seria" e o Concello ten que "seguir cooperando activamente" cos sectores económicos da cidade de maneira "moi decidida".

Por mor da nova lei do tabaco, que entrou en vigor este ano, a demanda das terrazas está en aumento e o alcalde asegurou que o Concello permitirá a instalación de calefactores externos, sempre e cando se axusten á normativa.
Descargar todas as imaxes