Escoitar

Samil, O Vao e Canido obteñen cualificacións excelentes nas últimas análises de calidade realizadas

luns, 1 xul 2002
imx1614.jpg
Praia de Samil
As zonas de baño de Samil, O Vao e Canido dispoñen dunha calidade de augas excelente segundo se manifesta na última mostraxe realizada o 24 de xuño. Desta análise despréndese tamén que tódalas praias de Vigo seguen a ser aptas para o baño.

As temperaturas máis altas son as da auga da praia de Canido con 18º, seguida polo Vao, Samil e Alcabre con 16º. A máis fría é a das praias de Teis con 15º.
Descargar todas as imaxes