Entra en funcionamento o dispositivo de accesibilidade na praia de Samil
A concelleira de Benestar Social, Belen Sío, presentou o dispositivo de accesibilidade para facilitarlle o baño ás persoas con mobilidade reducida que empezou a funcionar esta mañá ata o vindeiro 31 de agosto na praia de Samil.
Este dispositivo consta dunha pasarela ata a auga e de dúas cadeiras de baño adaptadas. Ademais ten como melloras respecto o ano pasado, dunha varanda e unha ducha, que puxo a Concellería de Vías e Obras.
O servicio esta atendido por voluntarios e traballadores da Cruz Vermella, que é a entidade encargada de organizar e desenvolver esta iniciativa coa colaboración da Concellería de Benestar Social. O horario de funcionamento é de luns a domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas, e está situado onda a caseta da Cruz Vermella e poderá ser utilizado, de forma gratuíta, por calquera persoa con mobilidade reducida que precise axudas técnicas para acceder ó mar.
As asociacións de persoas con discapacidade terán a posibilidade de reservar hora para utilizar unha das cadeiras de baño por grupos. Para face-la reserva deberán chamar á Cruz Vermella ó teléfono 986 423 666.
A concelleira Belén Sío lembrou que o ano pasado mais de 50 discapacitados usaron o servicio de “asentos anfibios” durante o verán e moitos deles nunca se bañaran no mar, utilizándose este servicio en 133 ocasións e a maioría dos usuarios foi xente nova, 14 deles menores de 16 anos.
Descargar todas as imaxes