O IX Revoltallo de Música Emerxente inclúese no programa municipal Verán Xove 2002
A Comisión de Goberno decidiu asinar un convenio coa Asociación Xuntanza Xuvenil por 19.000 euros co obxectivo de apoiar as actividades do IX Revoltallo de Música Emerxente. O Concello pretende contribuír á consolidación deste evento xuvenil con gran tradición na cidade, incluído no programa municipal de Verán Xove 2002, que congregará a multitude de rapaces tanto de Vigo como doutros puntos de Galicia. Nesta edición, ademais de música haberá exposicións de pintura, proxeccións de cine, desfiles moda e un concurso de Djs.
Outro dos acordos adoptados pola Comisión de Goberno foi a sinatura dun convenio coa Federación de Peñas Recreativas ”El Olivo” para desenvolver as actividades do Trofeo Cidade de Vigo de xogos de mesa, a Festa das Peñas e a Festa do Mexillón. A contía concedida será de 34.000 euros.
Ademais, o Consorcio da Zona Franca achegará 90.000 euros para o desenvolvemento de actividades socioculturais deste ano.
Prevención de incendios
O Concello investirá 30.050 euros na contratación de Servicios Mediombientais Forsai s.l. para a prevención de incendios durante a tempada de verán no municipio. Dúas cuadrillas con vehículos todoterreo vixiarán os montes e desbrozarán 12 hectáreas de bosque público municipal co obxectivo de manter estas zonas limpas para evitar a propagación de incendios forestais.