Os veciños do Casco Vello poderán acceder ás axudas do Plan de Vivenda reservadas a ”Conxuntos históricos”
Propietarios de inmobles e veciños do Barrio Histórico poderán acceder a axudas do Plan de Vivenda que ata este ano estaban reservadas ás´areas declaradas como ”Conxunto Histórico”. As axudas poden ser aplicadas a partir de agora a inmobles de todo o ámbito do Peri do Casco Vello gracias á xestión do Concello de Vigo.
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carme Corbalán, anunciou que o prazo para solicitar estas axudas será ata o 30 de decembro de 2002 e servirán para subvencionar obras para axeitamento de condicións estructurais, de habitabilidade, de protección patrimonial e ornato, entre outras. Serán compatibles con outras axudas e terán unha contía do 30% do custe real ata 4.250 euros.
Os plans de actuacións en vivendas desenvolvidos este ano no Barrio Histórico contemplan a rehabilitación de fachadas e cubertas no ámbito do Peri Casco Vello, para o que se investiron máis de 360.000 euros en 15 actuacións: a rehabilitación de edificios no marco do Plan de Fachadas de Patrimonio Histórico ”Descobre Vigo”: a construcción de vivendas para xoves na Ferrería e a rehabilitación de vivendas en colaboración co IGVS.
O Plan de Fachadas contou cun orzamento de 130.000 euros para axudar á rehabilitación de edificios catalogados e inmobles no ámbito do Peri Casco Vello e do Pepri Bouzas. Realizáronse 20 actuacións: dúas en Montero Ríos, o edificio Bonín e Sanchón no Areal, Gran Vía 4 e 6, Oliva, Palma, Ferreiría, o edificio Rosendo Silva na praza de Compostela...
Están en proceso de execución 16 vivendas para a xuventude mediante un convenio co IGVS na Ferrería.
Do Plan de Rehabilitación de Vivendas acometéronse xa tres fases de maio de 2000 a xuño de 2002. Ata o momento, investíronse 865.000 euros en 199 actuacións e de seguido se asinará a cuarta fase do convenio entre o IGVS e o Concello para o período 2002-2005 por unha contía de 360.607 euros para realizar 50 actuacións máis.