Escoitar

A Fundación ProVigo buscará novas vias de financiamento en proxectos estatais e europeos

O alcalde e presidente da Fundación, Abel Caballero, presidiu este mércores a reunión do Padroado, que decidiu optar a formas de financiamento distintas ás habituais a través do Estado e da Unión Europea. Caballero recordou que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra adeudan á ProVigo 150.000 euros pero a actividade da entidade continuará xa que "sintetiza o dinamismo económico e social desta cidade".

mércores, 22 dec 2010
1293026242provigo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores que a Fundación ProVigo que preside buscará novas vías de financiamento en España e Europa para manter a súa actividade.

Así o decidiu o Padroado da entidade reunido na mañá deste mércores para "analizar a situación" da Fundación, que constatou débedas "moi importantes" da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia correspondentes ás anualidades de 2009 e 2010, por un valor total de 150.000 euros, unha "enorme cantidade de diñeiro".

O Padroado acordou procurar outras fórmulas estatais e europeas para paliar o déficit de financiamento existente, pois "ProVigo sintetiza o dinamismo económico e social desta cidade". Caballero asegurou que o Concello ten "toda a vontade" de que o organismo continúe e así o transmitiron o resto de socios presentes na reunión.

"ProVigo debe trascender aos conflitos políticos", afirmou o socialista, ten que estar "por encima" dos partidos políticos e "escapar" dos problemas partidistas, xa que a Fundación está para "por en común" e non para dividir.
Descargar todas as imaxes