Escoitar

A Orquestra Vigo 430 actuará mañá mçercores no Auditorio Municipal cun programa que inclúe música de Vivaldi, Corelli e Haendel

O Auditorio Municipal acolle mañá a actuación da Orquestra Vigo 430, integrada na programación estable de artes escénicas organizada pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O concerto comezará ás 20.30 horas e o prezo das entradas será de 5 euros. Pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.

martes, 21 dec 2010
A orquestra Vigo 430 foi creada no ano 2005 como "Ensemble Vigo 430" coa premisa de contar cun núcleo de corda de calidade. Na actualidade o seu elenco vai dende os 14 músicos da pequena orquestra de cámara, necesaria para abordar o repertorio barroco, e outra integrada por 43 músicos que compoñen a formación sinfónica. Está xestionada por Javier Escobar e dirixida por Alejandro Garrido

O repertorio da actuación de mañá da orquestra Vigo 430 inclúe obras de Vivaldi, Locatelli, Corelli e Haendel. O programa completo pódese consultar na web www.vigocultura.org.