Escoitar

Caballero garante "compromiso" municipal para ampliar as instalacións da multinacional Borgwarner, que creará 200 empregos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, comprometeron este martes "todo o compromiso deste Concello" na ampliación das instalacións da multinacional estadounidense Borgwarner Emissions Systems, que emprega en Zamáns a máis de 400 persoas. O proxecto precisa de 15.000 metros cadrados máis e crearía 200 postos de traballo. "Segue habendo grandes multinacionais que apostan por Vigo", asegurou o alcalde.

martes, 21 dec 2010
1292939059borgwarner.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe martes "todo o compromiso deste Concello" no proxecto de ampliación da multinacional Borgwarner Emissions Systems, que emprega en Zamáns a máis de 400 persoas.

Tras un encontro esta mañá cos responsables da empresa, Caballero indicou que a ampliación prevista xeraría sobre 200 novos postos de traballo e mantería ademais os empregos actuais. Salientou asemade o rexedor que a compañía desarrolla en Vigo I+D en materia de eliminación de emisións con mercado "de ámbito mundial".

O alcalde ofreceulles "todas as garantías" para por a disposición da empresa o solo industrial -como xa se contempla na normativa urbanística vixente na zona- necesario, pois a multinacional manexa outras alternativas no norte de Portugal, onde xa contan cunha planta.

"Temos que facer todos os esforzos", aseverou Abel Caballero, para manter todos os investimentos e os empregos na cidade. O alcalde expresou que o proxecto da compañía estadounidense para a cidade amosa que "segue habendo grandes multinacionais que apostan por Vigo", ao igual que Mitsubishi proxecta no área viguesa a súa factoría de baterías para coches eléctricos.
Descargar todas as imaxes