Escoitar

A Semana de Teatro Afeccionado remata o domingo coa selección dos grupos que participarán no Vigo a Escena 2011

A Semana de Teatro Afeccionado, que de desenvolve dende o luns no Auditorio Municipal en colaboración coa Agrupación de Centros Culturais de Vigo, rematará o vindeiro domingo 31 de outubro coa entrega de premios ás catros agrupacións elixidas para participar no programa Vigo a Escena 2011. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesus López, o obxectivo desta iniciativa é "facer partícipes aos barrios e parroquias de Vigo nas actividades culturais da cidade".

venres, 29 out 2010
Esta fin de semana terán lugar as dúas últimas representacións do ciclo, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal. Mañá sábado, 30 de outubro, Lareira Teatro interpretará a obra "Infinitas posibilidades". Finalmente, o domingo Teatro Escoitade pechará o ciclo coa obra "Longa vida a martiño de Güimil".

En total, sete compañías participaron na Semana de Teatro Afeccionado, Teatro Rueiro Coia, a Asociación de Amas de Casa Agarimo, Alicia Teatro, Teatro Avento, Porta Aberta, Lareira Teatro e Teatro Escoitade. De entre elas, o xurado elixirá a catro para o Vigo a Escena do vindeiro ano.