Escoitar

Santi Domínguez di que o aumento do 5% de expositores de Vigoferia en época de crise demostra a consolidación do salón

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, participou este xoves na inauguración de Vigofeira, que se poderá visitar no Ifevi ata o 1 de novembro. O nacionalista afirmou que nestes momentos de crise, o incremento do 5% de expositores demostra a consolidación do salón no calendario do recinto feiral vigués.

xoves, 28 out 2010
1288269494Vigoferia.JPG
Santi Domínguez salientou que Vigofeira, xunto ao salón Expogalaecia que se inaugura mañá, son "dous clásicos" do Ifevi que contan cunha afluencia de público moi elevada. "É unha feira moi popular entre os vigueses e viguesas, pero tamén entre os portugueses", comentou.

O tenente de alcalde destacou tamén a variedade e calidade dos expositores participantes, que suman máis de 150, tanto de España como de Portugal, distribuídos nunha superficie de 12.000 metros cadrados. A feira pode visitarse de 11 a 21 horas de forma ininterrumpida cun prezo da entrada xeral de 4 euros, mentres que a entrada para os xubilados e desempregados é de 2 euros e os menores de 14 anos entran de balde.
Descargar todas as imaxes