martes, 26 outubro 2010

Caballero participou na Comisión Executiva da FEMP, que rexeitou e reprobou as declaracións do rexedor de Valladolid

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este martes a Madrid para participar na reunión da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provicias (FEMP). O ente mostrou o rexeitamento unánime e a absoluta reprobación ás declaracións efectuadas polo alcalde de Valladolid, Javier León da Riva, sobre a Ministra de Sanidade, Igualdade e Política Social, Leire Pajín.

Santos Héctor salienta que o Concello adica 1,1 millóns para formar e contratar a desempregados durante un ano

martes, 26 out 2010

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego afirmou hoxe martes en rolda de prensa que o Concello inviste este ano 1,1 millóns de euros na formación e contratación durante un ano de 75 desempregados con dificultades de inserción laboral, un "esforzo importante" municipal que ten coma obxectivo que os participantes do programa UTIL estean ao remate deste máis preparados para atopar un posto de traballo.

O salón Expogalaecia premia á Fundación Vigo Convention Bureau polo impulso do turismo de negocios na cidade

martes, 26 out 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, participou este martes na presentación dos salóns Vigofeira e Expogalaecia, que se celebrarán a partir do 28 e 29 de outubro, respectivamente, e ata o 1 de novembro no Ifevi. Na súa intervención, agradeceu a distinción outorgada por Expogalaecia á Fundación Vigo Convention Bureau polo seu labor para impulsar o turismo de negocios na cidade.

Chus Lago destaca a riqueza medioambiental dos humedais da cidade

martes, 26 out 2010

A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo avanzou os datos dun estudio "dinámico" que se está a facer nestas zonas verdes da cidade segundo os que seguen a detectarse novas especies de fauna e flora. Animais como o xabarín ou o porco espiño, ademais doutros exemplares en perigo de extinción atopan nos humedais de Vigo o seu hábitat natural.

Xesus López anuncia que o programa "6x6" amosará no Verbum dende o xoves 18 espectáculos de artistas emerxentes

martes, 26 out 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe a segunda edición do programa "6x6. Punto de encontro", que se desenvolverá no Verbum os xoves dende o 28 de outubro ao 2 de decembro, ás 20.30 horas. O concelleiro nacionalista destacou que este proxecto está integrado por un total de 18 espectáculos realizados por artistas emerxentes, coa palabra como eixo central.

Chus Lago presentou o balance do estudio antropométrico realizado en diversos colexios da cidade

Un 18,9% das nenas e un 11,5% dos nenos da cidade presentan obesidade

martes, 26 out 2010

A concelleira de Sanidade destacou este martes que máis do 80% deste sector da poboación teñen un peso normal. O estudio antropométrico levouse a cabo cunha mostra representativa de 571 nenos e nenas de diferentes centros docentes da cidade, con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos. Ademais do estudio, a concelleira destacou a alta demanda da poboación viguesa das diferentes ofertas da Unidade Concello Saudable, creada hai agora un ano e que rexistrou un total de 615 asistencias.