Santi Domínguez anuncia que o Convention Bureau pechou a celebración do Salón do Bebé no Ifevi do 18 ao 20 de marzo
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, anunciou este luns que o Ifevi acollerá do 18 ao 20 de marzo a primeira edición de Sabega, o Salón de Bebé de Galiza. Esta feira reunirá ás firmas galegas e internacionais máis importantes relacionadas co embarazo, o parto, a lactancia e o bebé e centrará a súa actividade na alimentación infantil.
"Con este novo evento conseguimos un dos obxectivos prioritarios do Vigo Convention Bureau, que non é outro que diversificar o tipo de feiras que queremos traer á nosa cidade", afirmou o nacionalista. Segundo o tenente de alcalde, Sabega será o "gran escaparate das empresas comerciais galegas e do resto da Península centradas no universo do bebé". As firmas participantes no certame terán a oportunidade de amosar os seus produtos e presentar as principais novidades neste eido. "O obxectivo desta iniciativa é fomentar a actividade comercial, económica e industrial galega a través da dinamización do sector, situando a Galiza no centro de referencia", destacou.
Santi Domínguez resaltou que á hora de traballar para que o recinto feiral vigués acollera este evento pesou o estudo realizado pola empresa Worldpanel Babe, que constata que nas familias con bebés o gasto é máis elevado que nas que non os hai. Na feira poderán visitarse expositores centrados na alimentación infantil, roupa, calzado, baño, mediciña xinecolóxica e obstetricia, mediciña infantil, puericultura, mobilidade, educación, mobilidade e accesorios. Haberá gardería, parque infantil, sala-cambiador, espazo para lactancia e bebeteca de consulta, e o restaurante do IFEVI ofrecerá un menú especial para nenos e familias.