Escoitar

O Concello distingue polo Bicentenario a dez entidades "que desempeñan un papel clave na configuración do Vigo heteroxéneo do século XXI"

Dentro dos actos conmemorativos do Bicentenario da Cidade, o Concello distinguiu este mércores nun acto institucional a dez entidades "que desempeñaron e desempeñan un papel clave na configuración do Vigo heteroxéneo do século XXI", segundo indicou o alcalde. Os recoñecementos recairon en Caixanova, no Celta de Vigo, en PSA Peugeot Citroën, na Cooperativa de Armadores -en representación do sector pesqueiro-, no Faro de Vigo, en Hijos de Barreras -no nome do naval vigués-, no Porto, en Radio Vigo, na Universidade e na Zona Franca.

mércores, 27 out 2010
1288194005premio.jpg
O Concello de Vigo distinguiu este mércores a dez entidades da cidade "que desempeñaron e desempeñan un papel clave na configuración do Vigo heteroxéneo do século XXI", explicou o alcalde, dentro dos actos de conmemoración do Bicentenario da Cidade.

O acto, presentado por unha estudante do instituto Castelao, reuniu a Caixanova, ao Celta de Vigo, a PSA Peugeot Citroën, á Cooperativa de Armadores -en representación do sector pesqueiro-, ao Faro de Vigo, ao astaleiro Hijos de Barreras -no nome do naval vigués-, á Autoridade Portuaria, a Radio Vigo, á Universidade e á Zona Franca de Vigo. Tras a lectura dunha glosa elaborada polo Cronista Oficial da Cidade, Lalo Vázquez Gil, todos eles foron galardoados cunha réplica da escultura de Silverio Rivas que preside a recén inaugurada Praza do Bicentenario.

Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova e encargado de pronunciar unhas verbas no nome das dez institucións recoñecidas, manifestou o seu "gran honor" por representar ás entidades galardoadas pola cidade polo seu "firme compromiso" coa urbe olívica. Gayoso asegurou que trátase dun "recoñecemento ao traballo que realizamos día a día" a prol do progreso de Vigo, o que continuará sendo así no "futuro próximo". O presidente de Caixanova eloxiou a traxectoria de todos os agraciados e agradeceu ao Concello o xesto.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de pechar o acto, e na súa intervención salientou que 1810 "marcou un novo rumbo no compás da historia viguesa" e indicou que "aqueles albores de prosperidade trandormáronse nesta realidade de gran cidade". O rexedor eloxiou o papel das entidades na configuración do Vigo presente e tamén "aos cidadáns de Vigo que cada día constrúen co seu esforzo anónimo a nosa cidade".
Descargar todas as imaxes