O tenente de alcalde felicita aos futuros mestres que remataron o curso de prevención de drogodependencias
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, entregou este venres os diplomas aos alumnos e alumnas de Maxisterio participantes no programa de formación sobre prevención de drogodependencias que impulsa a Concellería de Benestar Social. No acto, o nacionalista expresou a súa confianza en que a formación recibida séxalles útil para dar resposta aos retos cos que se enfrontan os mestres, como situacións de violencia, desarraigo, absentismo escolar, desautorizacións ou uso inadecuado das novas tecnoloxías.
Santi Domínguez manifestou o seu orgullo por participar na clausura do curso e transmitiulles aos futuros mestres e mestras os seus parabéns por demostrar que queren acadar unha completa formación na que a prevención será unha "ferramenta útil" no seu traballo como educadores.
O nacionalista destacou a importancia de desenvolver programas destinados á formación de mediadores para á prevención, e que amosan o "compromiso da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social pola prevención das drogodependencias como elemento fundamental para mellorar a calidade de vida da sociedade".
Descargar todas as imaxes