Caballero asegura que a recuperación dos xardíns de Pereiró cumpren o obxectivo de "ensalzar o patrimonio paisaxístico" da zona
O alcalde de Vigo anunciou este venres a conclusión dos traballos de protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico dos xardíns de Pereiró, unha mellora que procuraba tamén "potenciar" os accesos ao cemiterio municipal. De cara á festividade do 1 de novembro, Caballero explicou que os camposantos municipais ampliarán o seu horario e se reforzará o servizo de transporte público.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a conclusión dos traballos de rexeneración dos xardíns de Pereiró que cumpriron con obxectivo municipal de "ensalzar o patrimonio paisaxístico" da zona.
Tras ter cancelada unha visita por razóns climatolóxicas, Caballero explicou que esta obra -de 300.000 euros de investimento- quedou "francamente ben" e supuxo a renovación das sendas peonís, incluíndo as que conducen ao cemiterio, o acondicionamiento dos elementos vexetais e os parterres, a reordenación da sinalización, o pintado de viais e do aparcamento, novas beirarrúas en granito, e recondución das augas pluviais e a reordenación dos quiscos de flores, que contarán cun novo espazo.
A finalidade municipal coa mellora, aseverou o socialista, foi "potenciar" o lugar, en particular no acceso ao cemiterio de Pereiró, xa que trátase do patrimonio histórico e paisaxístico vigués.
Día de difuntos
Caballero detallou asemade que, de cara ao 1 de novemebro, o Concello efectuou melloras nos cemiterios de Pereiró, Beade e Teis, e acometerá pasada a festividade a reparación integral da capela de Lavadores.
Os camposantos ampliarán os seus horarios os días 30 e 31 de outubro e o 1 e 2 de novembro, manténdose abertos das 9 ás 18:30 horas ininterrumpidamente. O Concello reforza as liñas do VITRASA que den servizo aos cemiterios e voluntarios da Cruz Vermella estarán en Pereiró para axudar en posibles eventualidades.
Descargar todas as imaxes