Escoitar

114 persoas rexistraronse no primeiro mes de funcionamento da Unidade Concello Saudable

A Concellería de Sanidade fai un balance moi positivo das catro primeiras semanas de funcionamento da oficina da Unidade Concello Saudable, aberta ao público dende o pasado 2 de novembro. Nestas primeiras catro semanas de funcionamento, leváronse a cabo un total de 114 visitas, das que o 84,21% corresponden a mulleres e o restante 15,79% aos homes, o que reflexa unha clara diferencia entre a preocupación por mellorar a saúde do xénero femenino sobre o masculino.

martes, 1 dec 2009
1259670914PC010131.JPG
Esta oficina, dotada dun licenciado en educación física, un técnico superior en dietética e nutrición, e un equipamento moi completo, leva a cabo unha importante labor en prevención da saúde para a poboación viguesa. Os usuarios levan a cabo un seguimento exhaustivo con catro medicións antropométricas anuais como mínimo, e o mesmo número de entrevistas nas que se toma nota dos hábitos alimenticios e de actividade física. Entre outros, rexistranse os seguintes parámetros:
-Altura.
-Peso.
-Porcentaxe de grasa corporal.
-Auga corporal.
-Metabolismo basal.
-Risco cardiovascular e risco de saúde en base aos parámetros medidos e ao Indice de Masa corporal.

Unha vez completadas as medicións, entrégase a cada usuario un informe detallado dos resultados, e lévase a cabo un asesoramento co obxecto de fomentar estilos de vida saudables (nutrición, actividade física e loita contra os hábitos nocivos). Con posterioridade e mentras os usuarios poñen en práctica estas medidas, contan co apoio diario dos técnicos da unidade para solventar calquera dúbida ou axustar con maior detalle as programacións.

Nestas primeiras catro semanas de funcionamento, leváronse a cabo un total de 114 visitas, das que o 84,21% corresponden a mulleres e o restante 15,79% aos homes, o que reflexa unha clara diferencia entre a preocupación por mellorar a saúde do xénero femenino sobre o masculino.

Durante este período a unidade detectou un número significativo de sobrepeso na poboación, así como un porcentaxe menor de risco cardiovascular en algúns usuarios, derivando os informes ao seus respectivos médicos de familia para unha revisión máís detallada que poida valorar unha cantidade maior de parámetros sanitarios.

Conxuntamente a estas actividades, a unidade está a levar a cabo un estudio antropométrico da poboación infantil do municipio de Vigo, co apoio técnico da Unidade Docente de Mediciña Familiar e Comunitaria da cidade. O carácter deste traballo é de Estudo de Investigación", e está aprobado polo Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia. Unha vez finalice e se obteñan as debidas conclusións, informarase á poboación do municipio e ás publicacións científicas dos seus resultados, sendo un punto de partida vital relevante para establecer os obxectivos e os medios de apoio á poboación infantil en materia de fomento de estilos de vida saudables.

A acollida da poboación viguesa a esta unidade está sendo moi importante, e a Concellería de Sanidade está convencida de que a corto e medio prazo as consecuencias destas medidas incidirán moi positivamente no conxunto da sociedade.
1259670914PC010131.JPG
1259671032evolucionparametros.jpg
1259671055fichadeobjetivos.jpg
1259671075medicionsegmetaria.jpg