Eudosio Álvarez presenta a nova edición do "Misterio no Museo", que terá lugar en Castrelos en outubro e novembro
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este martes unha nova edición do programa "Misterio no Museo", na súa "versión outonal". Acompañado polos actores da compañía "Cada día peor" encargados de dar vida aos personaxes, o concelleiro nacionalista explicou que en total serán 13 as visitas teatralizadas ao Museo Quiñones de León durante os meses de outubro e novembro.
"Tralo éxito que esta proposta acadou na convocatoria do verán decidimos repetir o proxecto", explicou Eudosio Álvarez. Sinalou que en outubro as visitas serán os venres 9, 16 e 23, en pases ás 20,30 e ás 21,45 horas, así como o sábado 31, dedicado á "Noite do Samaín", con sesións ás 21 e ás 22,15 horas. En novembro, as sesión serán os venres 6 e 20, en pases ás 20,30 e ás 21,45 horas, e o venres 13, a "Noite do terror", terá lugar unha funcións especial ás 20 horas para toda a familia.
Eudosio Álvarez destacou que as funcións das 20 e 20.30 horas terán un "carácter especialmente familiar", mentres que nas seguintes os actores poderán permitirse "certos luxos". "O ano que vén seguiremos apostando por esta iniciativa, porque é hora de ir pensando en fórmulas alternativas para visitar os museos, sobre todo tendo en conta o éxito acadado por esta iniciativa". Neste sentido indicou que nas visitas teatralizadas que tiveron lugar no pasado mes de agosto participaron máis de 200 persoas, e posto que no outono haberá o dobre de sesións "esperamos que esta vez haxa o dobre de asistentes".
O concelleiro de Patrimonio Histórico informou de que para asisitir as visitas guiadas é preciso recoller as invitacións no propio museo Quiñones de León os martes, xoves e venres de 10 a 13,30 horas e de 17 a 20 horas; o mércores de 10 a 20 horas ininterrumpidamentes; o sábado de 17 a 20 horas e o domingo de 10 a 13,30 horas. Cada persoa poderá recoller ata un máximo de catro invitacións, facilitando os datos de cada destinatario.
Por parte da compañía, Carlos Tresandi expresou a satisfacción pola "boa acollida da iniciativa". "Ten sido unha experiencia moi enriquecedora", afirmou na súa intervención. Asemade, destacou que os propios asistentes recoñeceron que foi unha proposta "moi positiva" porque lles permitía descubrir aspectos do museo ata entón descoñecidos. "Compartimos co concelleiro a idea de que hai que aproximar a cultura á xente dun xeito divertido", salientou. Finalmente, manifestou o seu agradecemento a Tenencia de Alcaldía e á Concellería de Patrimonio Histórico "por ter confiado en nós para este proxecto".
Descargar todas as imaxes