O Museo do Mar presenta a exposición "As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata a ría do Eo"
Na mostra analízase o deseño de barcos, remos, velas e materiais de construción das embarcacións de toda a costa norte galega. Componse de 43 paneis nos que se ve a riqueza patrimonial marítima <br /> que hai no norte de Galicia e un bote de media construción traído expresamente dende Ferrol para a mostra.
O Museo do Mar acolle, a partir de hoxe ás 19.30 horas, a exposición As embarcacións tradicionais do Arco Artabro ata a ría do Eo, onde se mostra a evolución do deseño, ao longo dos anos, de barcos, remos, velas e materiais de construción de embarcacións da costa norte galega.
A raíz do premio didáctico Antonio Fraguas, otorgado polo Museo do Pobo Galego, estudantes de bacharelato de artes do IES Concepción Areal de Ferrol, dirixidos por Enrique Freire Hermida e Bernardo Máiz Vázquez, comisarios da exposición, percorreron toda a costa galega recollendo tipoloxías e denominacións de embarcacións tradicionais, e analizando as diferenzas que se poden atopar ao longo da costa.
Nese traballo, convertido agora no contido da mostra, compáranse as embarcacións da Mariña de Ferrol coas de Ribadeo, ou botes de media construción cos botes enteiros pulpeiros, traíñas con lanchas e moitos máis.
A exposición componse de 43 paneis nos que se pode disfrutar da riqueza patrimonial marítima que hai no norte de Galicia. Ademais,exponse un bote de media construción traído expresamente dende Ferrol para o acto de inauguración.
As embarcacións tradicionais do Arco Artabro ata a ría do Eo, que iniciou o seu percorrido no Museo do Pobo Galego en Santiago e, tras facer escala en Ferrol, chega ao recinto de Alcabre, permanecerá aberta ata o día 8 de marzo.