Escoitar

Puro Arte amosa no IFEVI as últimas vangardas artísticas

Do 15 ao 19 de xaneiro, a cidade de Vigo acolle a terceira edición de Feira Internacional Contemporánea PURO ARTE. Un acontecemento artístico e cultural no que se dan cita máis de 50 galerías procedentes de todo o mundo que mostrarán a obra pictórica, escultórica e gráfica dos artistas máis acreditados da escena internacional. O feira, apiada e auspicidada polo Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Gaixanova, reden homenaxe ao galego Luís Caruncho cunha retrospectiva da súa obra.

venres, 16 xan 2009
1232113429P1150220.JPG
Santi Domñinguez agasalla a Luís Caruncho no acto de inauguración de PURO ARTE
Do 15 ao 19 de xaneiro, a terceira edición da Feira Internacional de Arte Contemporánea PURO ARTE reunirá máis de 50 galerías procedentes de todo o mundo que mostrarán en Galicia a obra pictórica, escultórica e gráfica dos artistas máis acreditados da escena internacional, ademais de promover os valores emerxentes e fomentar a colección e o goce da arte contemporánea.A innovación é un dos eixos centrais do certame, "sobre todo respecto a distribución do espazo feiral, cunha proposta do arquitecto Otto Medem que rompe cos esquemas tradicionais das mostras en recinto pechado".

Nesta edición asistencia algunhas das galerías máis representativas da vangarda artística internacional, entre as que destacan Walter Bishoff (Alemaña), Fonseca Macedo e Cordeiros Galeria (Portugal), La Caja China (Sevilla) ou a Galería Hispánica (Madrid). A representación galega está encabezada por Atlántica ( A Coruña), Metro Arte (Santiago e Vigo) e Triart (Vigo), por citar a algunhas das que exporán os seus fondos artísticos no recinto feiral da cidade. Asemade,poderanse contemplar obras das grandes firmas da vangarda histórica, como Miquel Barceló, Manolo Valdés, Juan Barjola, Pablo Picasso, Salvador Dalí, Joan Mirou, Manuel Mompó, Jorge Oteiza, Manuel Leiro, Antoni Tapies, Jorge Castelo ou os pintores encadrados no Grupo El Paso, con obras de Rafael Canogar e Antonio Saura.

Homenaxe a Caruncho

Nesta edición rendese homanaxe a un dos artistas galegas máus universaris, Luis Caruncgo. Unha homenaxe que coincide co seu 80 aniversario o día da inauguración da feira. Caruncho é un dos artistas máis recoñecidos e internacionais de Galicia, alumno de pintores como Pepe ou Vaqueiro Palacios e situado pola crítica internacional xunto a mestres da pintura contemporánea como Mondrian ou Malevich. Ten obra colgada nos museos máis importantes de España e do mundo e unha importantísima mostra na Colección Caixanova.
Descargar todas as imaxes