Santi Domínguez subliña a necesidade de desenvolver accións conxuntas entre goberno local e sindicatos
O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, salientou este venres a necesidade de que o goberno local coordine as diversas accións que desenvolve coas forzas sindicais. Santi Domínguez así o manifestou tras a reunión que mantivo cos secretarios comarcais de CCOO, José Cameselle, de UXT, Olga Alonso, e da CIG, Xerardo Abraldes e que cualificou de "interesante grata e moi formativa".
O tenente de alcalde explicou que este encontro, celebrado a petición propia, tiña como obxectivo transmitirlles os proxectos dos investimentos que están a desenvolver as diferentes áreas do BNG no Concello de Vigo e a súa incidencia na creación de postos de traballo. "Como non podía ser doutro xeito tamén estivemos falando da crise", sinalou Domínguez, quen expresou a importancia de "escoitar de viva voz e de primeira man cal é a situación na comarca viguesa".
Segundo o tenente de alcalde, na xuntanza fíxose fincapé na necesidade de "dar unha maior cobertura social para abarcar todas as necesidades que se presentan neste momento de crise". Neste sentido, Santi Domínguez salientou que un dos obxectivos prioritarios do BNG radica na "atención específica e prioritaria ás clases máis desfavorecidas". Asemade, manifestou a súa intención de celebrar estes encontros periodicamente, compaxinando as diferentes axenda, do mesmo xeito que expresou a súa vontade de reunirse tamén con representantes empresariais.
"A valoración que fai o BNG respecto ao anuncio feito onte por Citroën de suprimir case 900 postos de traballo na sú factoría de Vigo é de tremenda preocupación", indicou o tenente de alcalde, preguntado ao respecto por xornalistas. Pero ao mesto tempo, o nacionalista quixo transmitir unha "mensaxe de esperanza e traballo", porque segundo asegurou, a cidade de Vigo "ten saído de crises moi duras coa colaboración de sindicatos e empresarios".