Escoitar

Congreso sobre "Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeración"

Nos vindeiros 4 e 5 de febreiro, a cidade lusa de Guimarães será escenario do congreso sobre "Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeración" coincidindo co inicio dos traballos preparatorios para o vindeiro período de programación 2013 - 2020, e coorganizado poloEixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

xoves, 15 xan 2009
Organizado polo Instituto Financeiro para o Desenvolvemento Rexional e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, o congreso promove o debate sobre a denominada Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeración, onde se coñecerá o estudo que analiza a traxectoria da cooperación transfronteiriza entre España e Portugal e o seu impacto no desenvolvimento rexional nos territorios de fronteira.

Todo o proceso cristaliza no Congreso de Guimarães que ten como obxectivo abrir o proceso de reflexión no conxunto dos territorios de fronteira entre España e Portugal, así como das organizacións que está a desenvolver o seu traballo nese ámbito. As conclusións da conferencia serán presentadas ante a Comisión Europea.

O programa do congreso, ainda sen pechar, vai incluir cuestións como a "Visión sobre o Futuro da Política de Cooperación Transfronteiriza", o "Balance da Cooperación Transfronteriza" entre todas as rexións e comunidades fronteirizas de España e Portugal, a "Presentación do Estudo sobre o Impacto dos Programas de Cooperación Luso - Española" ou os "Exemplos de Boas Prácticas Financiadas por INTERREG".

O Congreso contará coa participación aproximadamente de 200 autoridades e técnicos dos municipios fronteirizos de España e Portugal.