O Concello destinou máis de catro millóns de euros na reparacións de aceras e vías
A concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, fixo balance do investimento realizado no 2008 para a reparación de aceras e asfaltado de rúas tanto nas zonas do rural como en zonas urbanas. O total do gasto ascendeu a 4.784.643 euros.
A concelleira pormenorizó as zonas e o gasto no que se realizou o investimento, cantidades destinadas á reparación de aceras, asfaltado que realizan as brigadas de intervención rápida BIR . Estas brigadas actúan a demanda dos cidadáns a través do número específico deste servizo, o 900 701 019 ou do 010.