Escoitar

O Concello subvenciona a rehabilitación de cinco edificios singulares de Vigo

venres, 26 out 2001
imx719.jpg
Edificio Bonín
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carme Martínez-Corbalán, comunicou cales van ser os edificios que este ano se beneficiarán das subvencións municipais para a rehabilitación de fachadas e cubertas.

A relación é a seguinte:

“Edificio Sanchón” Policarpo Sanz, 22. Autor- Francisco Castro Represas 1935.
“Edificio Bonín” Areal 42, 40. Autor – Jenaro de la Fuente 1910.
“Edificio Collazo” Montero Ríos, 38. Autor Jenaro de la Fuente 1904.
“Edificio para Rosendo Silva” Praza de Compostela, 19. Autor- Miguel Pacewicz 1907.
“Edificio de Gran Vía 4”.

O Concello subvencionará estes proxectos con 15 millóns de pesetas. Por primeira vez, a Concellería de Patrimonio Histórico estableceu unhas bases para poder acceder a estas axudas e para avaliar as peticións. O requisito esencial é que o inmoble a rehabilitar teña máis de corenta anos de antigüidade, esté incluído no catálogo de edificios a conservar ou esté situado no ámbito do Plan Especial de Protección do Casco Vello ou no Plan Especial de Protección de Bouzas. Asemade, esíxese que se respecte a aparencia orixinal do edificio e que se retire das fachadas o cableado, antenas ou rótulos luminosos que puidesen existir.
Descargar todas as imaxes