O concelleiro Santiago Domínguez expón a iniciativa de Noites Vivas nun encontro celebrado en Mallorca
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Santiago Domínguez, trasladouse a Mallorca para participar nas ”Xornadas sobre ocio alternativo xuvenil en horario nocturno” nas que ofrecerá unha exposición sobre o programa Noites Vivas e dará a coñecer as actividades desenvolvidas mediante a instalación dun stand con información para os asistentes.
O Concello de Vigo foi convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias por considerar o programa Noites Vivas como un referente estatal do traballo destinado á mocidade en materia de ocio e tempo libre nocturnos.
Na súa exposición, Santiago Domínguez comentará os obxectivos que se perseguían coa posta en marcha das Noites Vivas, os criterios que se utilizaron para seleccionar as actividades do programa e a avaliación dos resultados das pasadas edicións. Falará tamén da numerosa asistencia dos mozos vigueses, do presuposto municipal destinado e dos apoios económicos realizados por empresas da cidade.
Nestes encontros, nos que participan 150 técnicos e concelleiros de Xuventude e Deportes de toda España, o Concello de Vigo instalou tamén un stand no que se distribúen programas e paneis explicativos con fotografías das actividades. O concelleiro Santiago Domínguez está acompañado por técnicos de Deportes e de Xuventude.
Éxito das Brigadas Verdes
Unha novidade nesta edición de Noites Vivas é a iniciativa das Brigadas Verdes, baixo o lema “Ponte verde, o Castro limpo é cousa de tod@s”. A finalidade desta proposta é concienciar os usuarios do monte do Castro da súa propia intervención no medio natural, tanto negativa ó ensucialo como positiva ó limpalo.
Para a realización desta actividade foi necesario colocar preto de 50 colectores de lixo nos lugares máis concorridos do Castro e facer un seguimento da súa utilización. Está acción combínase coas limpezas e recollida de lixo que realizan membros do grupo ecoloxista Erva.
As Brigadas Verdes están a colleitar un grande éxito e aceptación posto que nas catro limpezas realizadas ata agora melloraron os resultados coa implicación de máis xoves, tanto axudando a recoller o lixo, como facendo uso dos colectores para botar as botellas e outros residuos.
Esta aceptación e valoración positiva dáse tanto por parte dos propios usuarios do Castro, como da cidadanía en xeral e así o demostran as numerosas chamadas telefónicas para felicitar a Concellería de Xuventude por este labor.