Continúa o plan de pavimentación de rúas
A Concellería de Vías e Obras asfaltará as rúas María Auxiliadora, Cuba e México durante a fin de semana, polo que cada unha delas permanecerá cortada ó tráfico un día: María Auxiliadora o venres 26, Cuba o sábado 27 e México o domingo 28.
O Concello está a desenvolver un plan para repoñer o pavimento de numerosas rúas da cidade. Recentemente, foron asfaltadas a avenida da Florida, Fragoso, Barcelona, Zamora, Pontevedra, Estrada das Cunchadas e diversas rúas en Sárdoma.
Na rúa Eduardo Iglesias principiarán o luns 29 de outubro unhas obras integradas no proxecto de humanización do contorno do Museo de Arte Contemporánea. Estes traballos terán as mesmas características que os que se están a realizar en Velázquez Moreno e a súa conclusión está prevista para o 30 de novembro. Dispoñen dun presuposto de 19.500.000 pesetas.