Escoitar

Cine en galego, información sexual e concertos, esta fin de semana nas Noites Vivas

mércores, 24 out 2001
imx707.jpg
Partida de rol en Lavadores
Esta fin de semana terán lugar novos obradoiros e actividades nas Noites Vivas de Vigo. O xoves proxectarase a película “O último Harén” a partires das 23:00 no Cine Box e logo se celebrará un debate. Durante o venres está previsto realizar diferentes obradoiros na Plaza Elíptica, na A.V.V. Doutor Fleming, en Beade, en Teis, en Coia e no Centro Xuvenil Municipal.

Ademais, haberá outras actividades como cine, en Beade, e poderse ver cine en galego na A.V.V. de Bouzas, onde tamén se están a realizar outras actividades durante as fines de semana coma xadrez, tenis de mesa ou baile galego. Os deportes en Coia e Teis, acuaróbic na piscina de Travesas, e Internet en Beade, no Centro Xuvenil Municipal e no Castro son outras das propostas. Ademais desta oferta, hai que engadir os obradoiros de xoiería que se desenvolven na Escola Técnica e carreiras de Scalextric no Clube Slot.

Por outra banda, funciona coma todos os venres o Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepcción, onde calquera xove se pode achegar para solicitar información tamén en horario nocturno. Neste centro se veñen realizando tarefas de asesoramento e incluso se teñen facilitado métodos anticonceptivos e de prevención de enfermidades de transmisión sexual sobre todo para os e as xoves, e dentro da programación de Noites Vivas.

O sábado se celebrarán de novo obradoiros e actividades en Abertal, onde se fará teatro e globoflexia, no Berbés, adicado ós deportes e ós bailes de salón, no Centro Xuvenil Municipal con Internet e o punto de información medioambiental, e na A.V.V. de Lavadores onde ademáis de obradoiro de origami, MD e Trémolo darán un concerto para os e as asistentes. No Castro funcionarán as brigadas verdes e en Bouzas se realizará un obradoiro de iniciación ó baile galego, para todos e todas as xoves que queiran aprender os pasos básicos e mesmo bailar algunha peza enteira en grupo. Máis deportes no Berbés e na A.V.V. de Lavadores, no campo de futbol de Travesas e na piscina de Lavadores.
Descargar todas as imaxes