Escoitar

Presentación dos clubes de natación Galaico e Rías Baixas

martes, 23 out 2001
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, asistirá ó acto de presentación dos equipos de natación dos clubes Galaico e Rías Baixas. O evento será o vindeiro sábado 27 de outubro ás 12.00 na piscina municipal de Teis.

Os presidentes dos clubes, José Ramón Meiriño e Nieves Gil Miguel, presentarán os equipos, farán unha breve reseña da historia dos clubes e exporán a memoria deportiva da tempada 2000-01. Tamén tratarán a designación do Club Natación Galaico como ”mellor clube galego”, darán conta dos obxectivos para a tempada 2001-02 e das xestións para dispoñer de piscinas olímpicas. Ó finalizar a presentación servirase un viño.