Escoitar

O bispado cédelle ao Concello a antiga casa rectoral de Alcabre

luns, 22 out 2001
imx697.jpg
José Diéguez e Lois Castrillo
O bispo de Tui-Vigo, José Diéguez Reboredo, asinou co alcalde, Lois Castrillo, un convenio que supón a cesión ao patrimonio municipal da antiga casa rectoral que o bispado tiña en Alcabre. A partir de agora, o inmoble, un edificio de baixo e un andar cunha superficie de 415 m2, e a parcela que o rodea, pasan a ser propiedade do Concello.


O Concello pensa converter a vella casa rectoral nun edificio dotacional para a parroquia que complemente a gran superficie de espacio público creada no seu contorno. O inmoble está enfronte unha parcela de 18.000 metros cadrados que o Concello vai transformar en parque público. Ademais, ao seu carón farase o paseo marítimo que enlazará Bouzas co Museo do Mar.
Descargar todas as imaxes