Escoitar

O Concello de Vigo ultima os preparativos para os comicios electorais do 21 de outubro

venres, 19 out 2001
O censo dos electores vigueses é de 248.444 votantes, dos que 11.670 son residentes ausentes. O número de persoas censadas en Vigo con dereito a voto incrementou de forma considerable, xa que nas eleccións xerais de 2000, eran 246.044 os convocados.

O Concello porá en marcha un dispositivo para realizar un seguimento da xornada electoral no que participarán 216 axentes da Policía local que estarán ó servicio da xunta electoral. Vixiarán 35 colexios electorais e realizarán os pertinentes controis sobre diversos edificios institucionais.

Nestes comicios haberá en Vigo 86 colexios electorais e 236 seccións. Os votantes acudirán ás urnas localizadas nun total de 360 mesas electorais.